Monday 16 de September de 2024

A diversidade LGTBI+ centrará un faladoiro na Pobra


Por sétimo ano consecutivo, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal atópase adherida á campaña Liberdade de ser e sentir!, da Deputación da Coruña, que levará á Pobra do Caramiñal o faladoiro Diversidade LGTBI+.

Destinado a persoas maiores de 16 anos, esta actividade terá lugar no 12 de xullo, ás 12.00 horas, na Casa da Mocidade, e aprenderase sobre a historia do movemento polos dereitos do colectivo e os recursos e servizos de prevención LGTBIfobia.

A dita campaña provincial pretende visibiliza-la importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e co propósito de normalizar e sensibiliza-la sociedade sobre as diversidades sexuais.

Máis información no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa consistorial, co teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6.